As festas de Ourense, contan nesta edición cun amplo abano de concertos de música galega entre os cales podemos destacar :
- Os Tres Trebóns
- A banda Potemkim
- Trópico de Grelos
- Lamatumba
- O Sonoro Maxin
- Odaiko
- Coanhadeira
- Cantareiras Agarimo
- Charanga Vai de Baile
- The Homens
- Narf
- Susana Seivane
- Berrogüetto
E de pregoneiro desta edición contarán co polifacético Xurxo Souto acompañado dun espectáculo de zancudos. Ademais desto contarán cun Campionato de Futbolín animado por Carlos Blanco e a gran novidade e promesa das festas, a carpa “galegapolos5sentidos” onde se desenvolverán: xogos tradicionais, proxeccións, un concurso de empanadas, o concurso de cuartetos, actuacións e unha chea de actividades máis. O programa completo e máis información podedes consultala nos seguintes enlaces :
- Programa Cultural festas de Ourense ( Mundourense.com )
- Programa Deportivo festas de Ourense ( Mundourense.com )
- Concello de Ourense


